Luz Darriba, galego-uruguaia: “Se non o falamos nós, quen o vai facer”

Luz Darriba, artista multidisciplinar, leva décadas en Galicia tras criarse na comunidade da diáspora en Uruguai e Arxentina e non tardou moito en empregar o galego “por un sentido ético, moral e de afecto” e de “convencemento absoluto”.

“É vital falar galego porque é fermosisimo e é unha defensa lóxica do que é noso”, asegura ao tempo que aposta por defender o noso idioma. “Se non o facemos nós, quen o vai facer”, di ao lembrar os prexuízos que veñen do franquismo e tamén de novo, como os que pulan por falar en inglés e deixar o galego. “É absurdo non falar galego porque nos quita riqueza”, afirma e suliña que, ademais, aproxímanos ao mundo lusófono.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará