Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Lois Alcayde, xornalista e escritor: “É importante chegar a todo o mundo e non conquistar aos que están conquistados”

Lois Alcayde Dans, é un xornalista e escritor da Coruña de 24 anos. Decidiu cambiar ao galego na adolescencia. “Tiven os meus séculos escuros desde os seis, sete anos ata case o final da adolescencia”,  lembra. Escribía en galego pero falaba en castelán. Así que decidiu “cambiar de lingua por afecto e practicidade” porque o seu “entorno comezou a ser galegofalante”.

Destaca que o galego ten unha “riqueza e variedade impresionante” e que “cando se ten que falar galgo non é nada melancólico senón como unha ferramenta de futuro”. “Creo que a lingua propia danos unha ubicación e un lugar no mundo. Hai un estigma como lingua minorizada e aí a política, a través da educación, é moi importante”, salienta.

Con todo, como coruñés, destaca a importancia de falar galego nas cidades. “Nas cidades galega hai unha maior desigualdade do galego pero fálase galego, non grazas ao poder polític,  senón grazas a un avance social que se dá.  Eu creo que as cidades non teñen que soportar ese estigma”, afirma porque “o importante é chegar a todo o mundo e non conquistar aos que están conquistados”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.