Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Gran maratón de galego en Youtube e Twitch?

O galego tivo unha cita este venres en Youtube e en Twitch. @_Lobeira_today organizou a 1° Maratón da Creación en Galego, que propón o uso do galego durante 24 horas ininterrompidas. As canles @GalegoTwitch e @GalegoTube serán os espazos que acollan esta maratón de galego en directo.

@alkaine_twitch, @Chibarinclub, @A_AtlanTICs, @SanchezAnxo, @carloscallon, @comumola, @Madialevo, @CrisTerceiro, @DiegiCr, @Eva_Patinho, @clankirfed, @leninmola, @gurruchovozcast, @LuzDeTea, @LondonMadrina, @MPombito, @aprofa, @dietistarealist e @Kinocube son algunhas das contas que se sumarán á Lobeira Today para facer o obxectivo realidade, e encher as canles de galego.

https://twitter.com/_Lobeira_today/status/1536805939441016833?s=20&t=wYkDFa3NqzS67WKyzxmyLw

“Estamos moi ilusionadas coa megaresposta da xente a este maratón… a falta duns flequiños que nos quedan por amañar, vémonos o venres pouco antes do mediodía…”, publicaban dende A Lobeira Today, con respecto á boa acollida, non só entre o seu público, se non tamén polo elevado número de creadores que se animaron a participar.

Ademais, a través dun chío, A Lobeira Today anuncian sorteos grazas a colaboración de marcas como Aí Falaches, Rei Centolo ou Editorial Galaxia, ao tempo que animan a unirse á está xornada chea de galego e diversión.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.