“Gallego”, trending topic en Twitter pero de xeito despectivo

A palabra “gallego” está sendo na mañá deste luns trending topic en Tuiter e todo pola avalancha de tuits nos que se critica duramente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante a posibilidade de que poida ser o futuro líder do PP.

Moitas das reaccións saen do mundo da ultradereita e doutros que din ser “votantes do PP” pero que non coinciden coas políticas de Feijóo, especialmente, no ámbito lingüístico. Por iso, non son poucos os que o acusan de ser un “nazionalista gallego” ou os que directamente o acusan de “obrigar” á xente a falar en galego.

Aquí algunhas das reaccións:

 

Un comentario en «“Gallego”, trending topic en Twitter pero de xeito despectivo»

  • 21 Febreiro, 2022 ás 16:22
    Ligazón permanente

    O que pouca xente sabe e outra quere esquecer.-
    No mes de Marzal-2009 Feijóo faise coa presidencia da Xunta de Galiza.
    O día de Febreiro no que se pechaba a propaganda electoral, o teniente-alcalde e o concexal de O.P., agrediron física e verbalmente a un home maior que puña carteis a favor da oposición.
    Os feitos que, entre outras lesións rompéronlle o hombreiro dereito, incapacitárono por máis de catro anos.
    Feijóo foi presidente e seguiu séndoo ata o día de hoxe.
    Porque tales feitos -que foron denunciados, xulgados e sentenciados a favor do agredido- NON repercutiron social nin politicamente?
    Porque é un país ao que lle queda moito, moitísimo que “camiñar” para chegar a coñecer, tan xiquera, o que é unha democracia. Aínda non sendo o millor sistema, é o máis tespetuoso co cidadan

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará