Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Estas son as datas e as instrucións para os exames Celga

As probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 4, 3 e 2 terán lugar os fins de semana do 19 e 20 e do 26 e 27 do mes de novembro. Así o indica a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se fixan as datas de realización das devanditas probas, que se desenvolverán simultaneamente en Santiago de Compostela e Ponferrada.

Os exames para a obtención do Celga 4 celebraranse o sábado día 19 de novembro para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comeza por unha letra comprendida entre a T e a G; o domingo 20, para o resto. As probas para a obtención do Celga 3 e 2 terán lugar os días 26 e 27 de novembro, respectivamente, para todas as persoas admitidas.

Centros e horarios

Os centros e horarios de realización de probas, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade poden consultarse no Portal da Lingua Galega.

Nesta web tamén se publicará, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e a aula asignada para cada persoa para a realización da proba escrita. No caso daquelas persoas ás que, por causas xustificadas, concédeselles algún tipo de adaptación ou apoio, a Xunta comunicaralles directamente o día, a porta e a aula asignados.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.