#EnRedandocoGalego enche de contido en galego as redes sociais de alumnos lucense

Os institutos lucenses IES Leiras Pulpeiro, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Muralla Romana e o IES Ánxel Fole apostan polas redes en galego. Fano a través da segunda edición de EnRedando co Galego, un proxecto que promove o uso da lingua entre a poboación escolar.

O alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato poden participar nesta actividade dunha maneira moi doada: compartindo contido en galego nas súas redes sociais co cancelo #enredandocogalego. Publicacións de 130 caracteres, vídeos artísticos, literarios, reflexións sobre o galego, poemas, performances, contido musical… todo ten cabida no EnRedando co galego, cuxo obxectivo é achegar o galego á vida cotiá das xeracións máis novas.

Durante tres semanas, as redes sociais dos estudantes encheranse de galego, que recibirán diferentes agasallos e porán participar en diferentes sorteos.

EnRedando co Galego é un proxecto promovido pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e o Concello de Lugo, que buscan promover “marcos de expresión e encontro da lingua galega, favorecendo a creación literaria na poboación máis nova e estimulando o uso e goce da lingua galega”, como expoñen dende AELG.

A isto súmaselle o I Encontro de Novas Voces, no que o alumnado no #enredandocogalego e autoras e autores adolescentes da provincia de Lugo poderán participar nun encontro sobre técnica da creación literaria con dúas autoras galegas de narrativa e poesía. Ademais, AldaoLado, Leo de Matamá e Lois Pérez tamén compartirán entre o alumnado as súas experiencias co galego a través do humor, a música e a literatura.

O programa EnRedando Co Galego finalizará en xuño, cunha festa destinada aos alumnos participantes, no que se fará entrega de premios ás mellores creación literarias compartidas nas redes e se gozará dun concerto sorpresa.

Este artigo está redactado por persoas neofalantes. Se atopaches algún erro, por favor avísanos seleccionando a frase ou palabra en cuestión e preme as teclas Ctrl+Entrar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: