El Perrete, o cantautor que une flamenco e galego

Quen diga que flamenco e galego son culturas alonxadas equivócase, e así o demostra Francisco Escudero “El Perrete”, o cantautor extremeño que une o cante jondo coa lingua galega. As súas raíces teñen que ver, pois de pai galego e nai de Extremadura, viviu parte da súa infancia na vila pontevedresa de Crecente. Máis Francisco Escudero suma máis culturas ás súas raíces, pois cabe mencionar que o cantautor naceu en Lanzarote.

El Perrete conságrase como un dos cantautores máis prestixiosos, e mostra diso é o premio do Concurso Nacional de arte Flamenco de Córdoba no 2019. Agora, o cantautor defende que as palabras de Rosalía de Castro e os poemas en galego de Lorca tamén se poden escoitar con ritmos andaluces.

Co seu novo proxecto “Flamenco gallego“, El Perrete quere demostrar que as súas dúas terras, Estremadura e Galicia, non son “tan distantes e tan diferentes como sempre se pintaron”, algo que defende dicindo que teñen o “mesmo sentir”, segundo declaracións a EFE.

O seu novo proxecto que une o galego co flamenco leva cociñándose a ritmo lento durante dous anos, tempo que lle permitiu ao artista meditar a relación que teñen ambas culturas. Máis alá da lingua, quere recuperar e dar valor ás súas raíces, a través dunha proposta na que tamén teñen cabida as gaitas e outro tipo de elementos propios da cultura de Galicia.

Non vale coller unha soleá e traducila, porque nin pega nin chega, como dicía Beni de Cádiz co catalán”, explica o compositor. Por iso, aposta por ritmos como o do fandando, a guijara, a milonga, a petenera, a nana ou a farruca para transmitir a través deles non só o idioma galego, senón tamén a súa idiosincrasia.

De momento, El perrete segue sen présas para facer un disco en galego, pero admite que seguirá apostando polas súas dúas culturas e loitando polo seu recoñecemento internacional. Artigo completo en elDiario.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará