Denuncian que para traballar no Concello de Sada non se pide coñecemento de galego

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) vén de anunciar que interpuxo recurso de reposición contra as Bases Xerais da Oferta de Emprego Público (OEP) de 2019. Nun comunicado, USO asegura que as achegas do sindicato “caeron en saco roto” na Mesa Xeral de Negociación.

Entre elas, denuncia a “existencia de exercicios obrigatorios pero non eliminatorios”, a omisión  do Real Decreto 896/1991, que regula as regras básicas e os programas mínimos aos que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local; a “esixencia de proba de coñecemento de castelán e non de galego”, “co que se vulnera a Constitución española, o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei de normalización lingüística”; e o “cobro de taxas ás persoas con dicapacidade”. Máis información no Galicia Confidencial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará