Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Consulta cando serán e se estás inscrit@ nos cursos para obter o Celga

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga 1, 2, 3 e 4, en Santiago de Compostela e Ponferrada e nas que están inscritas 2.370 persoas.

Os inscritos, que neste 2022 poden optar a cursos tutorizados e tamén de autoformación, daranse cita nos meses de maio e xuño en Ponferrada (para o Celga 4, 3 e 2) e en Santiago de Compostela, tanto no IES Antonio Fraguas (para o Celga 4, 3 e 2) como na Escola Galega de Administración Pública (para o Celga 1).

Nun comunicado, a Xunta detallou que as probas Celga 4, en Santiago de Compostela e Ponferrada, terán lugar o 28 e 29 de maio. As do Celga 3, tamén en ambas as localizacións, o 4 de xuño e as do Celga 2, o 5 de xuño. O día 11 de xuño realizaranse as probas do Celga 1 tan só en Santiago de Compostela.

Tanto os horarios de realización como as litas definitivas de persoas admitidas para cada nivel poden consultarse no Portal da Lingua Galega. Así mesmo, tamén se publicará, na semana de cada unha das probas, a porta de acceso ao centro e a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita.

Ademais, a proba oral de cada nivel terá lugar o mesmo día que a escrita. A hora concreta na que cada persoa deberá estar presente para realizar esta proba publicarase no centro correspondente, así como no Portal da Lingua Galega, unha vez finalice a escrita. No caso daquelas persoas ás que, atendendo a causas xustificadas, concedéseselles algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral de Política Lingüística comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e a aula correspondentes.

A previsión é que, como en anos anteriores, vólvase a publicar unha segunda convocatoria para a realización de máis exames antes de que finalice o 2022.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.