Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Coñece Pipocas, a plataforma para ver filmes en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou Pipocas, un catálogo web que recolle todos os filmes e series dobradas ou lexendadas á nosa lingua e que redirixe o público ás plataformas na que está cada título.
No momento do seu lanzamento, o catálogo recolle máis de 100 títulos. Dende a entidade asegúrase que será actualizado de xeito permanente e solicítase que o público contacte para advertir da ausencia de calquera filme ou serie.
Esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa da lingua“, explica o responsable de comunicación da Mesa, Carlos Vieito, “especialmente dos pais e nais que descoñecen que filmes para as crianzas hai en galego nestas plataformas”. “Dende hoxe”, conclúe Vieito, “as familias con crianzas xa teñen un lugar onde ver filmes de animación na nosa lingua”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.