Cando o galego falouse na BBC antes que en RNE

No 1947 nacía o primeiro programa regular de radio en galego, o Galician Programme. Durante nove anos, a BBC de Londres acolleu programación en galego, permitindo oír a lingua da comunidade en calquera recuncho, nun momento no que o galego e a súa cultura eran perseguidas pola ditadura franquista.

Foi o 14 de abril de 1947 cando ás 23:45 a BBC emitía palabras en galego, permitíndolle a esta lingua estar presente no espazo internacional da comunicación despois dunha Guerra Civil. Porén, no 1956, por mor das presións do Goberno de Franco, o Galician Programme ve o seu fin, completándose nove anos nos que o galego tiña o seu propio espazo dentro do Spanish Programme, no que tamén alternaba coas culturas catalá e euskera.

Plácido Castro, Leuter González Salgado, Felipe Fernández Armesto, Xosé Ramón Fernández-Oxea “Ben Cho Sey” tamén foron algunhas das voces que pasaron polos micros do Galician Programme, iniciativa radiofónica impulsada polo exiliado ourensá Alexandre M. Raimúndez.

Celebrando os 75 anos da primeira emisión, O Consello da Cultura Galega programou este martes 22 de xuño unha xornada para dar a coñecer a iniciativa e aos seus promotores. Para iso, a través de catro mesas redondas, non só con relatores galegos, se non tamén doutros países, recorrerase a importancia e historia deste feito.

Da man de persoeiros como a directora de cine Margarita Ledo ou o xornalista Luis Zaragoza Fernández farán unha aproximación ao mundo radiofónico. Máis información no Consello da Cultura Galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará