Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Cando algúns turistas de Madrid critican os topónimos por non saber onde está “San Cibrao”

Media hora se tiraron unos amigos buscando San Ciprian, hasta que caí en la cuenta que la mierda de señales lo llaman San Cibrao”. Así é a crítica dunha usuaria en Twitter, que manifestaba o seu descontento ante a “traba” que supoñen os topónimos galegos para os turistas.

O comentario foi a resposta a unha publicación do ex-presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. O actual líder nacional do PP afirmaba a importancia do turismo como “un dos factores estratéxicos para superar a grave crise económica”. Declarábao despois de presentar unha serie de medidas para impulsar o turismo no país, entre as que se atopan as melloras para o Imserso, o impulso do turismo rural, a redución de taxas aeroportuarias ou o Plan RENOVE para o sector, entre outras.

https://twitter.com/Elefersas/status/1550478943697993728?s=20&t=LvXBuYGc6k12B72aJqliCg

Ante as declaración de Feijoo, que foron compartidas na súa conta de Twitter, a usuaria decidiu responder: “Pues en Galicia con todos los pueblos en gallego que los de fuera no saben llegar, mimas el turismo cojonudo”.

Este comentario desatou a polémica na rede social, recibindo a usuaria máis respostas criticando o erro do seu chío. “Non vos imaxino indo a UK buscando un cartel que poña Londres e queixándovos. Estas cousas só pasan aquí”, ou “Sí perquè quan hom va a fer turisme a Galícia el que menys espera trobar-se són ‘pueblos en gallego’” foron algunhas das constatacións que recibiu.

Porén, tamén houbo usuarios que responderon dende o humor: “Es horroroso! Yo estudié el traiwanés porque me dijeron que en Galicia rotulaban los pueblos en esa lengua. Me sentí muy desengañado cuando vi que los rótulos los hacían en su propia lengua (que para eso tienen una historia propia), despreciando el taiwanés!”. Máis información en Faro de Vigo.

https://twitter.com/AntichJonas/status/1560642853650702341?s=20&t=2KxnlJ2aoOLwWylFWdnB0A

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.