Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Camilo, colombiano: “Decidín falar galego porque tiña unha parella galegofalante”

Camilo Rodríguez é colombiano. Leva en Galicia desde os 14 anos e decidiu aprender galego por amor. “Naquel momento tiña unha parella galegofalante e a súa familia tamén, así que decidín falalo eu tamén”, lembra.

“Cando comecei a falar galego pois os meus amigos sorprenderonse. Eu, colombiano, falando galego e, ademais, dunha zona moi específica porque dicía pantalois”, apunta. Ademais, ten claro que o galego hai que difundilo e falalo porque é un “elemento chave” da cultura galega. “Non hai que deixar o galego só na casa, senon tamén falalo de festa”, di.

Cre que moita xente non fala galego por “vergoña” a falalo mal. “Pero se eu son quen de falar en galego, eles tamén”, asegura e convida a todos aqueles que non o falan a que se lancen para “poñer en valor” o noso idioma.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.