Cales son as novidades de Nexflix e Amazon Prime en galego?

Despois de que o pasado mes de marzo a Xunta e Netflix chegasen a un acordo para dobrar e lexendar en galego contido da plataforma, empézanse a ver os froitos de dito acordo. A plataforma de streaming Netflix anunciara por aquel entón a incorporación dun total de 70 títulos en galego ata final de ano, unha promesa que colle forma de maneira progresiva, froito do traballo da Lei do Audiovisual e a Iniciativa Xabarín.

“O monstro mariño” (The sea beast, an súa versión orixinal), anunciouse en abril como a primeira película infantil de Netflix dobrada en galego. Foi o pasado 8 de xullo cando esta película se estreou na plataforma, contando dende un primeiro momento coa versión na nosa lingua. Foi así a primeira película producida por Netflix en galego, algo que ben acollido nas redes.

Agora, a este título súmanselle máis contidos animados. Así, a serie de Netflix “Irmáns Robot Superxigantes” (Super Giant Robot Brothers) poderá gozarse en galego dende o vindeiro 4 de agosto, mentres que as famosas “Tartarugas mutantes” estarán dispoñibles dende o 5 de agosto. En canto a dobraxe, está tamén confirmada a da mini serie Lost Ollie,

No que a lendaxe se refire, Netflix incorporou a opción do galego a diferentes títulos, como é o caso da recente “Que susto, tía”, (Boo, Bitch, na versión orixinal), que se suma a outros como o da popular serie Emily in Paris, ou os filmes 365 días, Spiderhead, Choose or Die ou Metal Lords.

Así, ao longo deste 2022 a plataforma Netflix sumará un total de 200 horas de películas e series internacionais con subtítulos en galego, máis a dobraxe de 20 horas. O mesmo pasará co outros idiomas cooficiais da península, o euskera e o Catalán.

Pola súa banda, a plataforma Prime Video tamén trae novidades en galego, neste caso en lendaxe. O home perfecto ou Moonfall súmanse a títulos con lendaxe en galego como The terminal list, Spencer ou Fly me away. Podes consultar toda a lista no enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará