Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Cal é a converxencia entre o galego e o portugués e o papel de Galicia no mundo lusófono?

Preto de 50 estudantes de 1º e 2º do Bacharelato do IES de Valga asistiron este pasado sábado a un debate entre o presidente da AGAL, Eduardo Maragoto, e o da RAG, Víctor Freixanes, onde se trocaron impresións sobre o futuro do galego na Lusofonía.
Tal e como recolle o xornal Galicia Confidencial, na presentación, o responsábel do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Raúl Gómez Pato, que se referiu á AGAL e á RAG como “dúas das institucións lingüísticas máis importantes do país“, solicitou que estas fosem presentadas polos propios conferecistas, após destacar algúns contributos dos mesmos, como o romance O triángulo inscrito na circunferencia, de Víctor Freixanes, e o manual Como ser reintegracionista sen que a familia saiba, de Eduardo Maragoto.
Despois dunha breve panorámica sobre a historia destes organismos o os momentos históricos que os propiciaron, Freixanes e Maragoto deron a súa visión sobre o concepto de Lusofonía. O escritor pontevedrés mostrouse partidario de ter em conta a Lusofonía, mais queixouse da pouca atención que recibe a Galiza nese mundo. Entre tanto, Maragoto sobrevoou pola historia da lingua portuguesa e da propia Lusofonía, para acabar reivindicando a pertenza da Galiza a ese espazo, pois “sen a Galiza, a Lusofonía perdería sentido, porque perde toda a sua abranxencia histórica e limítase a ser o mundo colonial portugués, unha etiqueta que nin sempre é do gusto dos outros países”.
A seguir, os dous presidentes reflectiron sobre a unidade da lingua. Para Freixanes, a solución non pasa nin por integrarse no castelán nin no portugués, mais Eduardo Maragoto opinou que a converxencia co portugués era a mellor forma de protexer o léxico galego, e até leu un texto escrito em portugués con sotaque galego e con sotaque portugués para demostrar que a mesma ortografía servía para representar diferentes formas de falar a mesma lingua. Toda a información no GC.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.