As “tanchungueiras”, un grupo que se pode pronunciar “sen fronteiras”

TANCHUNGUEIRAS…Hasta para los nombres más chungos de pronunciar -non hai fronteiras-“. Esta é o lema dunha novidosa e intelixente campaña publicitaria que a empresa PlayPlan instalou na rúa de Alcalá, en pleno centro de Madrid tal e como recolle o Galicia Confidencial.

Así, unha gran faixa, na que se poden ver ás tres intérpretes das Tanxugueiras, Aida, Olaia e Sabela, está causando sensación e sorpresa na capital española. De feito, a imaxe xa comezou a ser viral e xoga coa dificultade que o nome do grupo está causando no resto do Estado. Toda a información no GC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará