Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

As máquinas e robots tamén falarán galego

O Goberno central financiará con dous millóns de euros o ‘Proxecto Nós’, promovido pola Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e ao que o próximo ano incorporaranse as universidades de Vigo e A Coruña, co obxectivo de situar o galego “á vangarda das tecnoloxías” e na contorna dixital.

Será cun financiamento de dous millóns de euros, destinados a “compilar recursos e desenvolver ferramentas de alta calidade” para o procesamento automático do galego, tanto oral como escrito. Os recursos desenvolvidos serán “de libre acceso“, o cal facilitará o desenvolvemento de produtos e servizos finais baseados na lingua galega, por parte das empresas, institucións e organizacións, tanto públicas como privadas.

Así o explicaron o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, tras a reunión mantida este mércores para abordar o financiamento por parte do Executivo central.

Esta subvención está dentro do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da Nova Economía da Lingua, do Plan de Recuperación. Toda a información no Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.