Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“As bestas”, rodada en Galicia, podería optar aos Oscar

A pesar de que o novo filme de Rodrigo Sorogoyen, As bestas, aínda non se estreou en España, non deixa de crear boas espectativas. A última delas é a posible presencia nos premios Oscar, pois a película atópase entre a selección das tres películas finalistas que poderían representar o cinema español.

Dous anos despois de que O que arde, de Oliver Laxe, estivese na mesma situación, Galicia volve ter a oportunidade de cruzar o Atlántico para estar presente nos premios estadounidenses. As bestas rodouse entre Galicia e O Bierzo, e nas súas escenas pódese observar a paisaxe galega e costumes galegas.

Entre o elenco galego da cinta destacan os traballos de Luís Zahera e Diego Anido en roles principais da historia ademais de outros moitos intérpretes como Machi Salgado, Federico Rey ou Luisa Merelas, entre outros. Todos eles crean a trama, que, baseada nunha historia real, revive o desencontro dunha parella francesa que se instala nunha aldea galega. Ademais, o filme trata temas como a implantación de eólicos nos montes.

Polo de agora o filme puidose ver en Francia, onde estivo denteo da selección do Festival de Cannes. En España, o Festival de San Sebastián tamén acollerá a súa proxección este mes de setembro. Será o vindeiro 13 de setembro cando Cinematográficas de España revele a gañadora. Máis información en Cultura Galega. Cultura Galega. 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.