Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Os nomes Anxo e Uxía perden forza en Galicia

Sofía e Mateo mantéñense un ano máis como o nome máis utilizado entre os nados de Galicia ao representar o 6% do total de nenos e nenas que viñeron ao mundo en Galicia en 2021.

Este venres, o Instituto Galego de Estatística (IGE), tal e como recolleu Galicia Confidencial, publica a ‘Estatística de nomes dúas neonatos galegos’ do 2021, que presenta poucos cambios respecto ao ano 2020. E é que non hai variacións no alto da lista dos nomes máis usados, tanto para nenas —Sofía, Noa, Martina, Lara e Valeria— como de neno —Mateo, Martín, Hugo, Leo e Lucas–.

O único cambio respecto de 2020 é que Lucas ‘cae’ ao quinto lugar de nomes usados ao ser adiantado por Hugo e Leo, que ocupan o terceiro e cuarto posto, respectivamente.

Tamén desaparecen do ‘top 20’ de nomes de nenos Iago, Anxo, Mario e Adrián, que deixan o seu lugar a Roi, Bruno, Luca e Alejandro. No de nenas, Alma e Uxía caen dos 20 primeiros nomes, ao que se incoporan Emma e Lola.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.