Ana Traseira, directora da UNED: “Agora falo galego porque é un legado que lle quero deixar aos fillos”

Ana Traseira ten 42 anos e é de Lugo. Actualmente é directora da UNED. Fala galego desde a universidade e, aínda que os seus pais eran galegofalantes, dirixianse a ela en castelán. “Miña nai consideraba que o mellor idioma para min era o castelán. Por iso eu fun castelánfalante ata a universidade, porque tamén na escola e no instituto falabamos en castelán”, lembra

Ten dous fillo e o meu neno máis vello sempre falaba en galego ata que entrou no xardín de infancia que cambiou a castelán. “Con todo, eu sígolle falando en galego e el, agora, cada vez respóndeme máis en galego”.

Decidiu falar en galego na Universidade porque alí había moitos compañeiros que espresaban en galego. “E agora falo en galego porque é un legado que lle quero transmitir aos meus fillos“. “É moi importante manter este legado cultural que temos que é o idioma e ademais é unha lingua minoritaria que hai que protexer”, asegura.

Cando comezou a falalo, pois foi ben acollido pola súa contorna e cre que ser bilingüe ábrelle máis portas. Considera que hoxe non hai discriminación por falar en galego, algo que non pasaba cando el era nena. Por iso decidiu reverter a situación e agora fálalle en galego aos seus fillos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará