Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Allianz non quere facer pólizas en galego

Allianz vén de advertirlle por escrito a rescisión unilateral dun contrato ao empresario galego que o pasado mes de novembro conseguiu que un xulgado obrigara a aseguradora a ofrecerlle a posibilidade de asinar unha póliza de seguro de responsabilidade civil na nosa lingua, un dereito recoñecido pola lei 50/1980 de 8 de outubro de Contrato de seguro que indica que “a póliza do contrato deberase redactar, a elección do tomador do seguro, en calquera das linguas españolas oficiais no lugar onde aquela se formalizar”.

“É inadmisíbel que isto continúe a acontecer”, denuncia a Vicepresidenta da Mesa e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, “décadas despois de que a lei diga explicitamente que é o tomador ou tomadora quen escolle a lingua”. “Estamos a falar de contratos que son imprescindíbeis ou mesmo obrigatorios para a vida diaria e que afectan a miles de persoas e empresas”, recorda Quintas.

A Mesa estima que máis do 70% das compañías aseguradoras non oferecen nengunha posibilidade de póliza en galego, incumprindo así a lei, e anuncia que se dirixirá a todas elas para que antes do 31 de decembro confirmen que cumpren a lexislación como paso previo a iniciar outras accións.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.