Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Alba Blanco, 21 anos: “O único galego mal falado é o que non se fala”

Alba Blanco, 21 anos é de Arteixo, estudante do doble grao de español e inglés en Filoloxía galega na Universidade da Coruña. Desde pequena falou sempre en castelán, pero utilizaba o galego coa súa nai e decidiu dar o paso porque “sentíase cómoda” falando nesta lingua.

Lembra que, tras o cambio, tivo unha acollida positiva, aínda que houbo quen lle pediu que “fixera excepcións” e falara con ela en castelán. “Pero temos que pensar que é a nosa lingua, a das nosas avoas e avós e que se non o falamos os máis novos pois podemos perdela”, sinala.

Por iso destaca que ela é neofalante dende a pandemia por amor á lingua e para “preservar esta riqueza lingüística que temos“. Sobre as críticas recibidas por falar un mal galego, asegura que “o único galego mal falado é o que non se fala”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.