Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“A tribo do mar”, Premio Raíña Lupa de literatura infantil

O escritor lucense, Lois Pérez, faceta que combina, entre outras coa de profesor, gañou o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. O xurado da XVI edición fíxoo pola súa obra ‘A tribo do mar’.

No seu fallo, destaca da obra gañadora as “diferentes voces” para mostrar “un relato que recolle a realidade actual da emigración”. Tamén resalta o “estilo áxil e atractivo” co que está escrita para o público xuvenil ao que vai destinada.

Este ano, a convocatoria deste premio compleméntase coa posta en marcha do club de lectura ‘Raíña Lupa’ baixo o lema ‘Non hai idade, hai literatura’.

A iniciativa ten lugar na Biblioteca Provincial e este venres o encontro estará protagonizado por Ledicia Costas e Manuel Rivas.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.