A nova Lei Audiovisual e o futuro das linguas cooficiais do Estado

O auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle o día 15 unha xornada de debate sobre a nova lei do audiovisual, organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais. A mesma contará coa intervención de representantes das principais entidades de defensa das linguas minoritarias do Estado, que falarán do audiovisual “oomo un sector estratéxico desde o punto de vista lingüístico”, apuntan desde A Mesa pola Normalización Lingüística sobre o contido.

Margarita Ledo, coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, abrirá unha xornada na que, entre outros, tamén intervirán a investigadora e docente Antía López e o profesor da Universidade do País Vasco, Ramón Zallo. Marcos Maceira, da Mesa pola Normalización Lingüística; Francesc Marco Palau, da Plataorma Per a Llengua, e Paul Bilbao, de Kontseilua, abordarán as demandas feitas desde Galicia e outras autonomías. Será, ás 12,00 horas, nunha sesión sobre diversidade lingüística e lei do audiovisual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará