Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“1981, Ano zero da língua galega”, o documental que recorre os 40 anos de oficialidade do galego

O documental “1981, Ano zero da língua galega” xa se pode ver na rede tras a súa estrea o pasado sábado, 26 de marzo, na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña. Trátase dun traballo audiovisual da AGAL (Associaçom Galega da Língua), dirixido por Diego Frey, no que diferentes voces opinan sobre os 40 anos de oficialidade da lingua galega. O filme, realizado por Nós Televisión, dá continuación a Decreto Filgueira, documental realizado pola mesma canle baixo a dirección de Ozo Perozo, que se centra na figura de Xosé Fernando Filgueira Valverde e no seu papel para a normativización do galego.

Figuras como María Xosé Queizán, Tiago Peres, Victor Freixanes ou María solar entre outros, únense a “1981, Ano zero da língua galega”, que conta co apoio da Deputación da coruña e está presentado por Nee Barros. Máis información en PGL.gal.

 

 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.