Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Queres ver series de HBO, Filmin ou Prime Video en galego?

A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, confirmou que haberá cotas de contido audiovisual en linguas cooficiais para todas as plataformas, entre elas Netflix, HBO, Flimin ou Prime Video, pactadas co grupo parlamentario de Esquerra Republicana de Cataluña (ERC) e que “veñen protexidas por unha serie de axudas públicas”. Isabel Rodríguez expresouse así durante a rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros, ao ser preguntada sobre se as cotas irán acompañadas dalgún tipo de incentivo.

Segundo explicou a portavoz do Executivo, o anteproxecto de Lei audiovisual estase traballado no seo do Goberno e “o que se produciu no día de hoxe son acordos parlamentarios que propiciarán a viabilidade da tramitación desta lei unha vez que salga do Consello de Ministros“. Neste sentido, sinalou que chegará ao Consello de Ministros “nas próximas semanas, antes de final deste ano”.

“É unha lei importante que dá cumprimento á normativa da Directiva de servizos de comunicación audiovisual, que forma parte dos nosos compromisos nas reformas integradas no Plan de Recuperación que reverten tamén nunha aposta do Goberno por potenciar a industria audiovisual a través dese Hub para ser referencia europea”, manifestou.

A Mesa pide que se cumpra o acordo

Pola súa banda, A Mesa pola Normalización Lingüística reclamou o cumprimento do acordo unánime do Parlamento de Galicia para promover contidos audiovisuais en galego, especialmente entre os máis pequenos, que chegou ao Pazo do Hórreo a través dunha iniciativa lexislativa popular bautizada como ‘Iniciativa Xabarín’ que solicitou máis de 33.000 firmas de apoio.

Nun comunicado emitido este mércores, A Mesa sae ao paso do pacto entre o Goberno e Esquerra Republicana de Cataluña para establecer cotas de contido audiovisual en linguas cooficiais para todas as plataformas. “Ningún acordo en Madrid sobre o audiovisual será suficiente, se non se chega ao solicitado en maio polo Parlamento galego”, reivindica a plataforma presidida por Marcos Maceira, que lembra que a ‘Iniciativa Xabarín’ aprobada en maio deste ano co apoio dos tres grupos con presenza na Cámara –PP, PSOE e BNG– xa inclúe unha referencia para o recoñecemento da pluralidade lingüística como “principio básico” na Lei Xeral do Audiovisual.

Esta liña, A Mesa recoñece que o acordo entre Goberno e ERC recolle “avances importantes” pero “non garante condicións de equidade no tratamento das linguas cooficiais”. “O galego non é o 6%, 10%, ou 90% de lingua que o castelán, é igual de lingua e por tanto debe ser tratado igual”, asevera Marcos Maceira. Neste sentido, a plataforma avanza volverá dirixirse aos grupos do Parlamento de Galicia para que promoven emendas á proposición de lei na liña dos puntos recolleitos na iniciativa aprobada no Lexislativo galego en maio. Vía Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.