Portugués, multilingüismo e ensino a distancia, obxecto de análise na USC

A Academia Galega de Língua Portuguesa e a Comissão Temática de Promoção e Difusão da Língua Portuguesa dos Observadores Consultivos da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa celebra este luns no Centro de Estudos Avanzados da USC un foro que se desenvolve baixo o lema ‘Português, multilinguismo e ensino à distância’.

O reitor Antonio López presidiu o acto de apertura no que tamén interviñeron Vítor Ramalho, secretario xeral da União das Cidades Capitais de Língua Portuguesa; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Rudesindo Soutelo, presidente da Academia Galega da Língua Portuguesa; Armindo de Brito, director xeral da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa; e Jesús María Gamallo Aller, director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.

O foro estrutúrase nunha serie de relatorios e táboas redondas nas que se abordan cuestións como a formación en portugués e o ensino a distancia, a diversidade interna, alteridade e multilingüismo; ou o papel da lingua portuguesa do mundo. Ademais, este foro conta coa colaboración do grupo de investigación Galabra da USC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará