Pensas que intentar protexer o galego é unha imposición?

Hai un relato moi estendido en parte da poboación española sobre a lingua galega, aínda que tamén sobre o catalán, o euskera ou, recentemente, co bable. Aínda que resulte doutros tempos, aínda hai xente que pensa que estas linguas están sendo “impostas”, algo que é moi común a pesar de parecer o contrario.

O “autor” Pedro Insua, que colabora para xornais como El Español, rescatou un artigo de marzo do 2019 publicado por El Mundo titulado “Feijóo esixe o galego como requisito obrigatorio para ser profesor” no que comentou que non entendía o titular se isto é un feito moi lonxevo.

Insua provocou bastantes reaccións, as esperadas do seu público. Os chíos que defendían unha suposta imposición do galego foron norma nestes últimos días, lembrando aos activistas pola normalización do galego que aínda queda traballo por facer.

Os argumentos non eran moi complexos. “Un idioma que non vale” chegouse a comentar sobre unha lingua como o galego que conecta con todo o mundo lusófono. A pesar destas mensaxes de odio cara o noso idioma houbo algún usuario galego que respontou a estas alegacións. Ante unha persoa que calificou de “chorrada” o dereito que permite ás persoas galegofalantes ser atendidas en galego, destacouse o pouco respecto que se lle ten á nosa lingua dende Madrid.

En resumo, hai parte da nosa poboación que segue a calificar de imposición á lexislación en prol da normalización da lingua. Dende a Mesa de Normalización Lingüística, sacaron á luz datos que demostran que a imposición non existe: máis do 99% dos xoguetes están en castelán, o 96% das sentenzas xurídicas redáctanse en castelán e o 92% do ensino infantil nas cidades faise en castelán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará