Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Olaxonmario, o gran youtubeiro do 2021

Os Premios Youtubeiras celebraron o pasado venres 26 de novembro a gala na que entregaron os galardóns da súa quinta edición. Olaxonmario ergueuse como o grande vencedor da xeira ao obter dous dous cinco recoñecementos aos que aspiraba, o de Youtubeira/o e o de Vídeo pola peza Por que é que non entendo o Portugués? Co @Portuguese With Leo. O xurado destacou deste creador a súa capacidade de “conectar con moita xente dentro e fóra das nosas fronteiras” e do seu vídeo gañador o ser “dos vídeos en galego non musicais que está a ter maior repercusión dende o seu lanzamento en Youtube”.

O terceiro dos grandes premios do certame, dotados con cadanseus mil euros, o de canle,f oi para O Son das ideas, da que o xurado destacou “os recursos que emprega nos vídeos, a súa facilidade de explicar temas complexos e a súa creatividade plasmada a través das animacións”.

Neeumatiko recibiu o recoñecemento á Calidade Lingüística, Toxío o de Calidade Técnica e Pablo Rodríguez Vila levou o Premio Impacto. O Premio Comunicación recaeu en AstroXabi, Cousas RarismASMR converteuse na gañadora do Premio Creatividade e a gañadora do galardón musical foi Cousxs.

Xacobo de Toro, pola súa banda, alzouse co Premio Didáctico, mentres que Recuncho Gamer acadou o Premio Pioneiro. A canle Orgullo Galego conquistou o Premio do Público co vídeo Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia.

O xurado dos premios estivo composto por Noemí García Rodríguez, Fernando Ramallo, Adrián Lede, Sonia Méndez, Esther Estévez e Conchi Cochón Rodríguez en calidade de secretaria.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.