Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Indignación dunha neofalante na consulta médica: “Tienes que poner acento paleto”

No hables en gallego que lo hablas fatal. Se nota que tu acento es de ciudad. Tienes que poner acento paleto”.  Foi a resposta que lle deu un médico a Silvia S., unha moza que acudiu a consulta dun médico en Vigo.
Unha contestación que indignou a rapaza que presentou unha reclamación pedindo o cambio deste doutor ao sentirse denigrada polo seu tratamento. Silvia, que é neofalante, viviu en Xapón e fala varias linguas, no dá creto ao acontecido. “Eu quedei vermella coa resposta que me deu”, dixo en declaracións ao Galicia Confidencial.
Estou convencida de que coñece o galego pero pensa que iso dos neofalantes é unha parvada. Por iso me dixo que falara o galego dos paletos”, indicou sorprendida. “Que irònico.  Tantos anos viaxando polo mundo e falando varias linguas e que sexa no meu propio país onde me din isto”, engadiu.
Por iso, decidiu partillar a súa reclamación a través das redes sociais. Unha reclamación que xa se fixo viral e na que Silvia conta o que lle aconteceu. “Actualmente, son investigadora e divulgadora da Cultura Galega por todo o mundo e é a primeira vez que me critican por como falo. Ademais, no meu propio país. Pareceme unha falta de respecto como cidadá galega, como persoa e, sobre todo, como paciente”, denuncia.
Así, lembra que acudiu á consulta “con todo respecto e agardando un trato profesional” e que se atopou todo o contrario. “Espero dun profesional da saúde o mesmo: respecto e profesionalidade”. “Non por ser unha moza ten dereito a tomarse confianzas que eu non lle din. Grazas por lerme”, conclúe a súa reclamación. Vía Galicia Confidencial.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.