Galego, catalán, euskera… son linguas españolas?

Non só é importante o que, senón tamén o como. Ana Pardo de Vera, xornalista e directora de Público, escribiu un artigo de opinión o pasado 6 de novembro sobre a importancia de todas as linguas do territorio estatal e a necesidade de coidalas para evitar a súa desaparición. É dicir, que estean na mesmas condición que o castelán.

Unha mensaxe que, a priori, era un punto de vista aceptable e respetuoso con todas as linguas minoritarias e minorizadas do Estado. Mais as redes sociais comezaron a fever pola utilización dos termos “linguas españolas” ou “bable”.

A xornalista usa o termo “linguas españolas” para referirse a todas as linguas que se atopan no Estado: castelán, galego, catalán, euskera, asturianu e aragonés son mencionados. Este termo foi o botón que activou todas as críticas contra a galega.

Pardo de Vera, a quen tamén se lle lembrou que nos debates da TVG fala en castelán, describiu ao asturiano como “bable”. Segundo os críticos este é un termo despectivo cara este idioma que comeza agora a ser recoñecido como tal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará