Fala-Me. Galician Trad Cabaré… así é o cabaret en galego

Tamén hai cabaret en galego E podes gozar del. Os vindeiros venres 5 de novembro e sábado 6 de novembro, o Auditorio Municipal de Cangas acollerá as últimas estreas do artista cangués Nelson Quinteiro, en forma de dous espectáculos moi diferentes en canto a enfoque e posta en escena.

A primeira velada, o venres 5 ás 18:00 h, e dirixida ao público infantil de 3 a 9 anos é o espectáculo BARULLO!, un achegamento á música, ritmos, instrumentos e melodías da música tradicional galega a través da linguaxe do clown e do humor. “Unha proposta didáctica na que poñemos en escena un auténtico arsenal de instrumentos para explicar aos máis pequenos todo o que se pode saber sobre música tradicional galega”, indica o artista nun comuniado.

A segunda velada, o sábado 6 ás 20:00 h, e dirixida xa a todos os públicos supón a posta de longo en auditorio da máis recente creación da Compañía Nelson Quinteiro, un colorido e vitalista cabaré no sentido máis estricto da palabra que nesta ocasión funsionase coa danza, música e imaxinarios da tradición cultural galega.

En Fala-Me. Galician Trad Cabaré contamos coa presencia do Premio Max das Artes Escénicas 2021 como Mellor Intérprete Masculino de Danza, Iván Villar, bailarín principal e co-coreógrafo da peza, así como un elenco onde non faltan bailaríns locais, como os/as cangueses/as Laura Casas, María Cordeiro e Yohel Santos. A actriz Iria Pinheiro, na personaxe “Pepita de Cerponzóns” pon a guinda a un pastel no que destaca a música en directo do virtuoso pianista Brais González (Caspervek), o acordeonista Álvaro Cardalda (A Quenlla, Os Terribles de Arousa) ou o gaiteiro e percusionista Xan Pérez (Son de Seu, Los Jinetes del Trópico, Banda Xisco Feijoo).

A todos eles os acompaña Nelson Quinteiro nun espectáculo que supón a forma do seu zapato para cantar, bailar ou ser mestre de cerimonias, e a pintura en directo como telón de fondo, da man da licenciada en Belas Artes Marta Quinteiro Villar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará