Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Como axudar a que os neofalantes falen en galego

Hai xeitos e xeitos de axudar aos neofalantes, desde os que colgan na rede manuais para aprender o idioma, aos que colaboran en faladoiros, tanto falando en galego para que outros aprendan como impulsando ferramentas tecnolóxicas para facelo efectivo. Unha destas mentes desinteresadas, pero necesarias, para o futuro do idioma é Héctor Canto (Canarias; 1985).

Canto é enxeñeiro en Telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Como profesional exerceu na última década e media en diversas compañías do ámbito das start-ups e scale-ups en varios sectores incluíndo formación en liña, vídeo, alimentación, Smart Cities e ciberseguridade; e máis recentemente vídeo na industria automobilística.

Especializouse no lado da ‘parte traseira’ da enxeñaría de software, con especial foco na arquitetura de Software na ‘nube’. Como divulgativo e formador, participou en repetidas ocasións nos encontros da Asociación Python Barcelona e na convención anual PyConEs da Python España. Hai uns meses, incorporouse como profesor de Deseño de Sistemas de Software na asociación La Compiladora. O PGL conversou con el respecto ao seu perfil lingüístico, do Modelo Burela e dos Faladoiros de Vigo, iniciativas que impulsan o galego entre os neofalantes.

“Colaboro coa asociación Faladoiros, que promove encontros presenciais ou virtuais para posibilitar que calquera un teña un espazo onde poder expresarse en galego. Os Faladoiros foi unha iniciativa de activistas e profesores da cidade de Vigo e a súa área xeográfica. Algunhas desas persoas son vellas coñecidas e non tardaron en contactar comigo cando a idea xa estaba madura. Chegaron á conclusión de que unha das deficiencias máis evidentes nas grandes cidades era que quen quería vivir en galego -quere como iniciantes, quere como falantes habituais- non tiña un espazo onde o practicar. Naceu así esta iniciativa de apoio a galego-falantes de todo tipo”, indica nesta entrevista no PGL.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.