Cando a unha profesora lle prohibiron dar as clases de matemáticas en galego

Nestas últimas semanas estamos a ver como en Cataluña desatouse a polémica pola sentenza que obriga aos colexios a impartir un 25% das clases en catalán. En Galicia, o 50% das clases nos colexios e institutos tense que impartir en castelán. Por iso, nos últimos días, e tras coñecerse a sentenza en Cataluña, as redes ferveron cunha marea de reaccións. Entre os casos mencionados está o da Pontenova, onde a Xunta “deulle un toque” á profesora por impartir matemáticas en galego.

A profesora de matemáticas chámase Sabela Núñez, traballa no Instituto de Educación Secundaria Enrique Muruais de A Pontenova, en Lugo, e denunciou por redes sociais fai dous anos que recibira unha chamada por parte da Xunta para reprendela por usar o galego nas súas clases. Sabela argumentara que o total do seu alumnado era galegofalante, como ela, polo que usan este idioma para comunicarse nas clases.

Este nova que recolle o Diario de Pontevedra foi lembrada en Twitter polo premio Xerais de 2016, Manuel Esteban, por mor da polémica coa ensinanza do galego en educación primaria e secundaria. Houbo certa reacción por este chío, moitos usuarios da rede social contaron as súas experiencias nas que profesores impartían en castelán clases que teñen que ser en galego, e polas que non “recibiron un toque”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará