As experiencias dos neofalantes: “Qué galleguita te volviste ahora, ¿no?”

Alba Rodríguez é unha moza viguesa que comezou a súa andaina como neofalante en 2019. Fíxoo en forma de propósito de aninovo e foi compartindo o proceso a través da súa conta de Twitter.

Admite, iso si, que non é un cambio doado custa, sobre todo, levalo fóra das redes— e explica que sempre se bate con algún comentario negativo, “aínda que non se lles pode facer caso”. A modo de exemplo, comparte unha conversa de Twitter na que se viu envolta: “un rapaz contestoume un chío preguntando como ía facer cando saíse fóra de Galicia se falo sempre en galego. Eu pregunteille entón que facía el cando saía fóra de España”.  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará