“A imitación do acento galego foi desafortunada”, di a directora de RTVE sobre o programa de MasterChef

A directora de Orixinais de RTVE, Ana María Bordas, desculpouse polas “burlas” que realizaron os xuíces de ‘MasterChef: Celebrity’, Samantha Vallejo-Nájera, Jordi Cruz e Pepe Rodríguez, do idioma galego nunha das probas de exteriores do concurso culinario.

“Creo que o uso da imitación do acento e da pronuncia do idioma galego foi desafortunada e inoportuna”, expresou Bordas durante o programa deste domingo de ‘RTVE: Responde’, que respondeu así ás críticas recibidas por este feito.

Segundo asegurou, “unha das responsabilidades de RTVE é defender e protexer o uso correcto das linguas do Estado“, polo que advirte de que desde a Corporación pública tómanse “moi en serio” esta responsabilidade. “Pido desculpas ás persoas que sentiron ofendidas”, indicou Bordas, que reitera que desde RTVE lamentan a comisión de erros.

En calquera caso, deixou claro que o ambiente no que se produciron as imitacións era “distendido” e “en ningún momento pretendían ferir os sentimentos galegos ou burlarse da súa lingua”.

Tal e como engadiu, ‘MasterChef’ pretende “entreter transmitindo valores positivos”, evitando ao máximo que non haxa “polémicas”. “Se ‘MasterChef’ se desprazou a Galicia era para pór en valor a beleza desta comunidade, a súa gastronomía, a bondade das súas xentes e non para resultar aspectos negativos ou burlarse de ninguén”, defende.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará